A USC co organiza en Valladolid un congreso sobre o traballo de fin de grao
A Universidade de Santiago, a través do grupo de innovación docente GID-TFG, é unha das organizadoras do II Congreso interuniversitario sobre o Traballo de Fin de Grao (TFG) que terá lugar no mes de setembro en Valladolid. Entre os conferenciantes destacados figura o catedrático da USC Miguel Zabalza, que falará da dimensión formativa destes traballos na adquisición de competencias do estudante.
Os TFG, obrigatorios para acceder ao título de Grao, levan desencadenando numerosos debates entre toda a comunidade universitaria: alumnado, profesorado, equipos directivos e xestores. Así, neste congreso continuarase profundando nesta materia á vez que se irán coñecendo novas experiencias.