Ir o contido principal

A USC participa no Coloquio Asia-Europa sobre Goberno e Dirección Universitarias que se celebra estes días en Malasia

O evento está organizado pola European University Association

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Senén Barro, asiste estes días en Kuala Lumpur (Malasia) á primeira conferencia que a European University Association (EUA) organiza en Asia. O evento, no que participan todos os membros da EUA, profundarase en aspectos relativos á dirección e goberno universitarios.
A Conferencia, que se enmarca no Coloquio Europa-Asia, conta coa asistencia de líderes de Universidades e asociacións representativas dos dous continentes para facilitar o contacto entre eles e establecer lazos de entendemento en aras de favorecer acordos de intercambio e cooperación.
A estadía no país asiático inclúe, ademais das sesións propiamente académicas e de debate, visitas a organizacións e institucións de Malasia relacionadas coa educación superior e a investigación científica.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.09.2007.