A USC participa nun novo proxecto Erasmus Mundus External Cooperation Windows con centroamérica
A USC participa de forma activa na xestión dun novo proxecto Erasmus Mundus External Cooperation Windows, centrado en México e países centro americanos como O Salvador, Guatemala, Honduras e Nicaragua. No consorcio tamén interveñen universidades de Bélxica, España, Finlandia, Francia, Italia e Polonia.
Do mesmo xeito que nos outros catro proxectos nos que participa a USC, este potenciará a mobilidade de estudantes de grao e de master así como de doutoramento e persoal docente-investigador. As áreas de estudo prioritarias son as de Ciencias Agronómicas, Enxeñaría e Tecnoloxía, Arquitectura e planificación urbanística, Matemáticas e Informática, Ciencias Médicas, Educación e formación de profesorado e Ciencias Sociais.
Cun orzamento de 3,2 millóns de euros está prevista a mobilidade de case catrocentos universitarios entre os países de América Latina e os de UE. Para acadar máis información, as persoas interesadas poden dirixirse a ore [at] usc.es (ore[at]usc[dot]es) e usc.internacional [at] usc.es (usc[dot]internacional[at]usc[dot]es).