Ir o contido principal

A USC participa no Seminario de Unidades Técnicas de Calidade que organiza a Universidade de Valencia

A USC participa estes días no Seminario de Unidades Técnicas de Calidade que organiza a Universidade de Valencia sobre os sistemas de garantía de calidade das ensinanzas universitarias.
As xornadas estrutúranse en catro simposios nos que se analizarán os sistemas de garantía mencionados nas institucións universitarias así como nas titulacións de grao e de posgrao. Deste xeito, os expertos profundarán nun sistema integral de garantía da calidade, nos centros adscritos e asociados e nos servizos de apoio á ensinanza.
A implicación dos diferentes colectivos universitarios nos Sistemas de Garantía de Calidade é a cuestión a abordar no terceiro dos seminarios, no que se estudarán as estratexias das unidades técnicas na planificación e desenvolvemento, a participación dos estudantes, a implicación dos profesores, a necesidade de implicación do PAS e doutros colectivos.
Por último, este martes terá lugar o terceiro dos seminarios sobre as unidades técnicas e os instrumentos e mecanismos de recollida de información no que participará o adxunto á Vicerreitora de Calidade e Planificación da USC, Pedro Faraldo. Neste encontro tratarán o nivel de implicación destas unidades técnicas no deseño e preparación de evidencias documentais, a adaptación e aplicación de enquisas, métodos alternativos a estas e a xestión da información proporcionada por estes e outros métodos de recollida.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.09.2007.