Ir o contido principal

A USC participará no cumio sobre Cambio Climático en Madrid a través das súas achegas ao proxecto Life ‘Lugo+Biodinámico’

Infografía do barrio multiecolóxico desenvolvido ao abeiro do proxecto Life 'Lugo+Biodinámico'
Infografía do barrio multiecolóxico desenvolvido ao abeiro do proxecto Life 'Lugo+Biodinámico'
Unha delegación deste programa europeo, liderado polo Concello de Lugo, presenta o 3 de decembro no COP25 accións desenvolvidas a prol do deseño de cidades sostibles
Lugo

A USC estará presente no próximo Cumio sobre Cambio Climático (COP25), que se desenvolverá do 2 ao 12 de decembro en Madrid, e terá a oportunidade de facer visibles nesta Conferencia das Nacións Unidas as múltiples contribucións feitas por investigadores da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo a prol do futuro deseño e construción de cidades sostibles no marco do proxecto europeo Life ‘Lugo+Biodinámico’, liderado polo Concello de Lugo co apoio da Deputación Provincial, pero no que a USC é protagonista principal no deseño e na execución de iniciativas pioneiras a prol das futuras cidades sostibles, nas que, entre outras actuacións, se potencia a madeira como elemento estrutural de construción.

A exposición das accións estratéxicas cara unha desenvolvemento urbano acaído para mitigar os efectos do cambio climático que se están a desenvolver en Lugo ao abeiro do Life ‘Lugo+Biodinámico’ da man de grupos de investigación do Campus Terra da USC e da UPM, centrará a intervención que ten previsto realizar a alcaldesa do Concello Lugo, Lara Méndez, o vindeiro martes 3 de decembro na mesa de acción local incluída nas sesións do COP25, o órgano supremo da Convención Marco das Nacións Unidas sobre Cambio Climático. Nesta colaboración entre USC e Concello de Lugo cómpre salientar os noves de Antonio Rigueiro, Juan Luis Fernández, Roque Rodríguez Soalleiro e Manuel Guaita, e grupos como a Unidade de Xestión Forestal Sostible (UXFS) ou a Plataforma de Enxeñaría da Madeira Estrutural (Pemade).

Daquela, a delegación luguesa que tomará parte no COP25, un cumio que chega nun momento crucial e de emerxencia climática, xa que constitúe a última reunión para activar o Acordo de París, concibido como o primeiro acordo mundial vinculante en defensa do clima del planeta, explicará as 28 accións que abarca o ‘Lugo+Biodinámico’.

A creación dun cinto verde con 15.000 especies arbóreas e plantacións demostrativas de cultivos acaídos para a construción urbanística das futuras cidades del futuro, a recuperación da área húmida das Gándaras, un espazo natural de interese local, a execución do edificio Impulso Verse, a primeira levantado con madeira de Galicia, cun aforro enerxético do 74% e cunha redución de emisións de CO2 do 90%, e a creación do primeiro barrio multiecolóxico de España, son, entre outras, algunhas das actuacións que se darán a coñecer no COP25.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.12.2019.