Ir o contido principal

A USC participará nun proxecto formativo sobre estándares e prácticas de eficiencia da Asociación de Fabricantes e Distribuidores

De izquierda a derecha: Sara Cantorna, Juan Casares, José M. Bonmatí e Justino Bastida. Foto: Alfonso (Servimav USC)
De izquierda a derecha: Sara Cantorna, Juan Casares, José M. Bonmatí e Justino Bastida. Foto: Alfonso (Servimav USC)
A institución compostelá foi seleccionada por AECOC xunto a centros doutras cinco universidades españolas

A incorporación ao mundo profesional de futuros/as profesionais cun coñecemento previo sobre a realidade empresarial, as súas necesidades e ferramentas de eficiencia é o obxectivo dun proxecto formativo no que a USC vai participar o vindeiro curso xunto con centros universitarios doutras cinco universidades. A participación da institución compostelá quedou formalizada coa sinatura dun acordo marco coa Asociación de Fabricantes e Distribuidores (AECOC), entidade promotora da iniciativa que agrupa a preto de 25.000 compañías. No acto de sinatura participaron o reitor Juan Casares e o director xeral de AECOC, José M. Bonmatí. Xunto a eles tamén estiveron presentes a vicerreitora de Economía e Infraestruturas, Sara Cantorna, e o profesor da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Justino Bastida. O acordo, primeiro que se asina coas seis institucións universitarias implicadas, contempla a impartición a partir de 2012-2013 de accións formativas para o estudantado sobre estándares e prácticas de eficiencia. Ademais, o acordo marco contempla a execución de proxectos e programas de I+D, a cooperación en programas de formación de persoal investigador e técnico, o asesoramento mutuo ou a organización de actividades comúns relacionadas coa promoción social da investigación e o desenvolvemento tecnolóxico. A través deste proxecto, AECOC e as súas compañías asociadas mostrarán ao colectivo universitario as vantaxes que a utilización dos estándares e boas prácticas que a Asociación impulsa en España achegan ao aumento da competitividade das empresas grazas ao incremento da eficiencia e ao aforro de custes innecesarios. Coa posta en marcha do proxecto, os estudantado e os seus docentes terán a oportunidade de coñecer casos reais de aplicación destas ferramentas nos diferentes procesos da man dos profesionais de destacadas compañías da industria e a distribución do gran consumo. Universidad virtual Ademais, a Asociación creou a ‘Aula Virtual de AECOC’, concibida como punto de encontro e referencia para o estudantado, cadro docente e compañías participantes na iniciativa. O propósito é intercambiar opinións e coñecemento entre a comunidade académica sobre diversas cuestiones, así como coñecer as últimas novidades, informes, estudos de actualidade e incluso ofertas de emprego de interese para este colectivo. O proxecto inclúe a convocatoria dos Premios AECOC Mundo Académico que, cunha dotación económica global de 15.000 euros, recoñecerán a excelencia e o esforzo dos mellores traballos e captar e aproximar ao colectivo empresarial todo o talento que existe nos centros universitarios. A través desta iniciativa, AECOC espera contribuír “a ofrecer aos profesionais do futuro ferramentas que lles permitan competir con maior probabilidade de éxito no mercado laboral e ás empresas, economía e sociedade española contar con profesionais altamente cualificados para competir na nova economía”, sinalou José Mª Bonmatí. AECOC Con cerca de 25.000 compañías, AECOC é unha das principais asociacións empresariais do país e a única que agrupa a fabricantes y distribuidores. Xuntas, as súas compañías asociadas representan o 20% do PIB nacional. A Asociación é a única representante en España de GS1 –organización mundial líder no desenvolvemento de estándares comerciais e de negocios-. AECOC promove en España a utilización de estándares como o código de barras, a factura electrónica EDI ou o chip EPC de identificación por radiofrecuencia. Ademais de ofrecer asesoramento e formación, o colectivo organiza cada ano unha vintena de congresos a través de los cales “toma el pulso” aos diversos sectores profesionais nos que opera, a fin de coñecer a súa realidade e tendencias. Entre eles, celebra dende hai máis dunha década –s empre en Galicia- o Congreso AECOC de Produtos do Mar.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.07.2012.