Ir o contido principal

A USC e o Patronato Cultural Vizcaya de México colaborarán en materia educativa

A USC e o Patronato Cultural Vizcaya de México colaborarán en materia educativa
A USC e o Patronato Cultural Vizcaya de México colaborarán en materia educativa

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Viaño, e o director xeral do Patronato Cultural Vizcaya A.C. e Universidade Vizcaya de las Américas de México, Jorge Richardi, asinaron este luns en San Xerome un convenio marco de cooperación educativa. En virtude do acordo, ambas as dúas entidades –a universidade mexicana conta con 16.000 estudantes repartidos entre os seus 16 campus– desenvolverán medidas educativas conxuntas coa fin de reforzar e desenvolver a capacitación profesional do estudantado e do profesorado para unha mellor aprendizaxe, formación e inserción profesional. Os asinantes estiveron acompañados polo vicerreitor de Internacionalización da USC, Carlos Salgado; o vicerreitor académico da Universidade Vizcaya, Ismael Lechuga; o director do Campus Monclova, José Francisco Urquijo; e o coordinador da área de Dereito e Criminoloxía, Ricardo Jaime Lozada.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.12.2014.