Ir o contido principal

A USC presenta no CACTUS de Lugo o programa INITIA, polo que estudantes de BAC farán prácticas en laboratorios do Campus

A Universidade de Santiago de Compostela, a Consellaría de Educación e a Sección Ibérica de Sigma Xi, The Scientific Research Society presentarán este xoves o programa INITIA, polo que un grupo de alumnos de ESO e Bacharelato de catro Institutos de Lugo comezarán a realizar as súas prácticas no campo da investigación no Campus lugués.
O programa será presentado ao persoal docente e investigador da Universidade e tamén dos centros de ensino no edificio CACTUS de Lugo, ás 17:00 horas, por parte do vicerreitor de Relacións Institucionais, Lourenzo Fernández Prieto; o vicerreitor adxunto de Investigación e Proxección Exterior, Agustín Merino; o delegado provincial da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria, Luis Manuel Álvarez Martínez, e o presidente da Sección Ibérica de Sigma Xi e coodinador do programa, Urbano Fra.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.04.2008.