Ir o contido principal

A USC presenta unha nova edición de 'La casa de la Troya'

O Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC vén de publicar unha nova edición de La casa de la Troya que será presentada este mércores, día 30, ás 11:00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome. Ao acto asistirán o reitor da USC, Senén Barro; o vicerreitor de Cultura, Elias J. Torres; o vicerreitor de Comunidade Universitaria e Compromiso Social, José M. Mayán; a editora da obra, Ángeles Gómez; e o director do Servizo, Antonio Azaustre.
Escrita por Alejandro Pérez Lugín, a novela mostra a Galicia de finais do XIX vista por un mozo madrileño obrigado a estudar Dereito na lúgubre e chuviosa Compostela. Ao marxe da sinxeleza argumental e da cuestionada calidade literaria, o libro gozou da aceptación do público e da crítica coetánea.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.04.2008.