A USC presenta o libro '1968 en Compostela. 16 testemuños', de Ricardo Gurriarán
A Universidade de Santiago de Compostela presenta este mércores, 28 de abril, ás 19:30 horas no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia), o libro 1968 en Compostela. 16 testemuños do que é autor Ricardo Gurriarán.
Na presentación, presidida polo reitor Senén Barro, intervirán o ex presidente da Xunta de Galicia e protagonista do 68, Emilio Pérez Touriño; o profesor da USC Elías Torres; o xornalista de El País Daniel Salgado; o propio autor, e Víctor Santidrián, da Fundación 10 de marzo.