Ir o contido principal

A USC presenta en Lugo a décima edición do seu Encontro Universitario de Danza Contemporánea

O programa, que se desenvolverá entre os días 16 e 17, representarase por primeira vez integramente nas rúas e prazas da capital lucense

A edición deste ano do Encontro Universitario de Danza Contemporánea da USC en Lugo terá como principal novidade o feito de que por primeira vez todas as coreografías se representarán en escenarios de exterior. O programa componse de seis pezas de entre 15 e 20 minutos de duración que se interpretarán en diversas prazas e rúas da zona histórica da capital lucense durante as xornadas do luns 16 e o martes 17, tanto en horario de mañá como pola tarde. No acto de presentación do encontro, que se celebra o xoves 11 ás 11.30 horas na Sala de Prensa da Vicerreitoría de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo, participan o vicerreitor de Coordinación do campus lucense, Pedro García Herradón; o vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Francisco Durán; o deputado da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro; o tenente alcalde e responsable das áreas de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, Antón Bao; o xefe de servizo de Coordinación da Área Cultural da Delegación da Xunta de Galicia en Lugo, José Carlos Rodríguez Andina; e o director do Espazo de Danza da USC, Juan Carlos Zahera.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.04.2012.