Ir o contido principal

A USC presenta en Lugo a Guía de Prácticas e Saídas Laborais elaborada pola Fundación Galicia Europa

Será na Escola Politécnica Superior o mércores

O Salón de Actos da Escola Politécnica Superior de Lugo acollerá o mércores 7, ás 12:00 horas, a presentación da Guía de Prácticas e Saídas laborais na Unión Europea e Organizacións Internacionais da Fundación Galicia Europa, nun acto coordinado pola Área de Orientación e Inserción Laboral do Campus de Lugo.
A presentación estará a cargo dos responsables da Fundación Galicia Europa Noelia Vijande e Mónica Balboa, que exporán a súa expereincia en distintas bolsas de formación universitaria, prácticas institucionais e proxectos de cooperación. Están invitados todos os estudantes, titulados, PAS e profesorado do Campus, que recibirán exemplares gratuítos da guía.
A guía ten o obxectivo de orientar aos mozos galegos sobre as distintas oportunidades de formación e inserción laboral que se ofertan no eido comunitario e internacional. É un manual próximo, elaborado por bolseiros con experiencia previa nas institucións da Unión Europea.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.05.2008.