Ir o contido principal

A USC presenta obras de Séneca e Lavoisier en galego

Na súa colección «Clásicos do Pensamento Universal»

A Universidade de Santiago de Compostela vén de tirar do prelo na súa colección de traducións ao galego «Clásicos do Pensamento Universal» un tratado de filosofía acerca da felicidade e a brevidade da vida composto no tempo convulso da corrupción moral do imperio Romano e o texto considerado para moitos fundacional da Química moderna.
O Tratado Elemental de Química de Antoine Laurent Lavoisier -con limiar de Manuel R. Bermejo e tradución de Sergio Casas e Mª Victoria Castaño- e A vida feliz. A brevidade da vida de Lucio Anneo Séneca -prologado por Xosé Luís Barreiro Rivas e traducido por Manuel E. Vázquez Buján- presentaranse este mércores 21, ás 12:00 horas no Salón Reitoral de San Xerome.
O acto que presidirá o reitor Barro contará coa presenza, ademais dos prologuistas e tradutores, do director da colección «Clásicos do Pensamento Universal», Darío Villanueva; e do director xeral da Fundación BBVA, promotora da colección, Rafael Pardo Avellaneda.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.04.2010.