Ir o contido principal

A USC presenta o seu repositorio institucional Minerva

A produción científica da USC estará accesible nun único punto en acceso aberto a través do repositorio institucional Minerva no que se poderán consultar as coleccións bibliográficas dixitalizadas e a produción investigadora e docente dos membros da institución docente compostelá. Minerva albergará, preservará a difundirá os documentos dixitais resultantes das actividades de investigación e docencia da USC. O reitor Juan Casares presentará as particularidades do repositorio institucional Minerva nunha rolda de prensa este xoves 16 ás 11.30 horas na Sala de Prensa do Colexio de San Xerome.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.01.2014.