Ir o contido principal

A USC presenta os tres últimos volumes da colección ‘Clásicos do Pensamento Universal’

A Universidade de Santiago e a Fundación BBVA presentan este luns 6 os últimos tres volumes da colección Clásicos do Pensamento Universal , quedesde 2002 edita esmeradas traducións a galego das obras fundamentais do pensamento científico, humanístico ou social.

Nesta ocasión presentaranse Os ensaios, de Michel de Montaigne, prologado e traducido por Gonzalo Navaza; Democracia e educación , de John Dewey, prologado por Antón Costa Rico e traducido por Manuel F. Vieites; e O federalista, de A. Hamilton, J. Madison e J. Jay, con prólogo de Roberto Blanco Valdés e tradución de Ramón Máiz e Alfonso Mato.

Todos eles intervirán no acto de presentación que presidirá o reitor Viaño ás 12.00 horas no Salón Reitoral de San Xerome e no que tamén intervirán o director da RAE e da propia colección, o profesor da USC Darío Villanueva, e a directora de Comunicación e Relacións Institucionais da Fundación BBVA, Silvia Churruca Zarasqueta.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.03.2017.