A USC propón nun volume medidas reeducativas para menores en situación de crise

Contribuír ao reto da inclusión socioeducativa e o benestar, como piar básico da sociedade moderna, máis alá da conxuntura económica vivida. Esa é a principal vocación do volume Menores en crisis: Propuestas de intervención y medidas reeducativas que coordinan a profesora da USC e membro do Grupo Stellae, Mª Dolores Fernández Tilve, e o técnico de Menores da Xunta de Galicia e presidente de APEGA, José Manuel Suárez Sandomingo.
Na elaboración do libro, editado polo Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC, participaron profesionais de recoñecido prestixio que proporcionan as ferramentas conceptuais e procedimentais necesarias a quen directa e indirectamente traballan con colectivos en situación de risco social e laboral.