Ir o contido principal

A USC recibe este martes a renovación da certificación ISO 9001:2008 para o seu selo ‘USC Editora’

O selo USC Editora do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico recibirá este martes 21 a credencial que renova a súa certificación conforme á norma ISO 9001. Nunha sesión ás 11.00 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome, na recepción da nova certificación participarán o vicerreitor de Comunicación e Coordinación, Xosé Pereira; o director de Aenor Galicia, Martín Pita López; ademais da vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Dolores Álvarez Pérez; e do director do Servizo de Publicacións, Juan Blanco.

Concedida por AENOR, a certificación UNE-EN ISO 9001:2008 acredita sistemas de xestión da calidade e no caso da liña editorial universitaria inscríbese na política de calidade da USC orientada, entre outros obxectivos, a desenvolver procedementos para acreditar servizos. O Servizo de Publicacións e Intercambio Científico dispón dun Sistema de Xestión de Calidade conforme á ISO 9001:2008 para as actividades de deseño, edición e distribución de libros e publicacións universitarias baixo o selo USC Editora. Certificado inicialmente o 14 de xaneiro de 2014, o selo vén de renovar dita certificación, recoñecendo así a implantación efectiva dun sistema de calidade que apoia a xestión da súa actividade.

USC Editora
USC Editora é un selo comercial da USC rexistrado como marca e creado en 2009. Dá cabida a unha serie de publicacións financiadas total ou parcialmente polo servizo de publicacións universitarios e sometidas a un sistema propio de avaliación por pares externos á USC. O selo conta ademais cun elenco estable de editores internos que someten os orixinais a unha avaliación previa.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.02.2017.