A USC recupera a súa condición de centro examinador para a acreditación TOEFL
A Universidade de Santiago recuperou a súa condición de centro examinador do exame TOEFL PBT (Paper Based Test), sendo o profesor Luis Iglesias Rábade o supervisor destas probas para a obtención da certificación correspondente na USC. Logo das oportunas xestións realizadas coa axencia TOEFL a principios de ano, a institución docente compostelá xa realizou unha primeira convocatoria de probas a comezos do mes de maio, polas que un total de 12 alumnos do Sistema Universitario Galego xa puideron examinarse. O TOEFL é unha acreditación dirixida ao alumnado interesado en acadar unha bolsa de mobilidade para os países de fala inglesa. A próxima convocatoria de exames está prevista par o 15 de outubro, para o que as persoas interesadas deberán dirixirse directamente á Axencia TOEFL (http://www.ets.org/toefl)