Ir o contido principal

A USC reflexionará nun congreso en outubro sobre os desafíos que implica a loita contra a trata no contexto dixital

A USC convida a reflexionar e emprender unha acción conxunta contra a trata
A USC convida a reflexionar e emprender unha acción conxunta contra a trata
O prazo de envío de comunicacións permanece aberto ata o 15 de xuño
Santiago de Compostela

A Oficina de Igualdade de Xénero da Universidade de Santiago convida a reflexionar “e emprender unha acción conxunta” os días 2 e 3 de outubro na Facultade de Dereito sobre os desafíos que implica a loita contra a trata con fins de explotación sexual no contexto dixital. O prazo de envío de comunicacións permanece aberto ata o 15 de xuño.

Entre as voces expertas que participarán neste evento científico figuran, do ámbito científico, a profesora da UDC Rosa Cobo Bedía, a da UVigo Silvia Pérez Freire e da USC Lorena Añón-Loureiro, Jorge García Marín e Begoña Gómez Vázquez.

De entidades e ámbitos directamente implicados na loita contra a trata, o evento contará coa participación da maxistrada do Xulgado de Instrución número 1 de Santiago de Compostela, Ana López Suevos; o tenente da sección de Trata de Seres humanos da UCO Félix Durán Garrido; a directora da área de Muller e Loita contra Tráta de Diaconía España, Eva Márquez García; a directora da Asociación para a Prevención, Reinserción e Atención á Muller Prostituída- APRAMP, Rocío Moura Nieto, ademais da Rede Galega contra a Trata/Muller Vítima.

O I Congreso Nacional ‘Trata con fins de explotación sexual na era dixital’ desenvólvese ao abeiro do convenio entre a USC e a Consellaría de Política social e Igualdade para o desenvolvemento de medidas do pacto de estado contra a violencia de xénero.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.05.2025.