A USC reforza a cooperación con universidades chinesas
O reitor Juan Viaño recibiu este mércores unha delegación da Universidade de Estudos Estranxeiros de Guangdong (China), institución coa que a USC iniciará en breve intercambio de estudantes así como outras actividades de cooperación cultural, científica e pedagóxica a través dos respectivos convenios de colaboración. A delegación chinesa estaba formada polo director do Departamento de Estudos Españois de Guangdong, Chen Xing, e o secretario xeral da Facultade de Lingua e Cultura Europeas, Fang Hua. Sichuan Outra delegación, nesta ocasión da Sichuan International Studies University, foi recibida polo vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa, Roberto López López, para estudar o grao de desenvolvemento dun convenio de intercambio de estudantes entre ambas institucións e polo que xa teñen estudado na USC arredor de 70 estudantes chineses. Neste curso engadiranse preto de vinte máis. A comitiva da universidade chinesa integrábana o director do Programa de Intercambio Internacional, Du Kun; e os profesores Huang Wei, Tong Yaxing e Xu Lingyi. Wang Quan, Xu Lingyi, Huang Wei, Roberto López, Tong Yaxing e Du Kun