Ir o contido principal

A USC resolve o concurso de selección do anteproxecto para o seu complexo dotacional de edificios de Ciencias da Saúde

Vista xeral da fachada do futuro complexo de edificios
Vista xeral da fachada do futuro complexo de edificios

O xurado encargado de resolver o concurso de selección do anteproxecto para o complexo dotacional de edificios de Ciencias da Saúde da USC elixiu a proposta presentada por B-CDB Arquitectura SLP e a UTE Sanabria & Planas/Gallego Arquitectos SLP. O proxecto asínano os arquitectos Humbert Costas Tordera, Ramón Sanabria Boix, Lidia Planas Rosell, Josep Gallego Álvarez e o galego Carlos Durán Bellas.

A proposta gañadora presenta un edificio lineal de planta baixa e tres alturas que se implanta perimetralmente no solar do hospital Gil Casares coa intención de formar un recinto controlado interior arredor desta edificación hospitalaria, que se rehabilitará para a súa conservación. A nova edificación basearase nunha estrutura de madeira e cunha especial atención á integración co seu contorno inmediato.

Ao futuro complexo dotacional, cun total de 32.391 metros cadrados construídos, trasladaranse as facultades de Medicina e Odontoloxía e de Enfermaría, ademais doutros espazos de usos comúns como auditorio, biblioteca, servizo de restauración e aparcamento.

Conformaron o xurado encargado da selección de anteproxectos representantes da universidade compostelá, do Sergas, do Concello de Santiago, do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e da área de Aforro e Eficiencia Enerxética del Instituto Enerxético de Galicia (INEGA).

Ligazóns relacionados:

Plano do emprazamento do complexo no contorno do hospital Gil Casares Esquema do emprazamento da nova edificación

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.12.2016.