Ir o contido principal

A USC e Sar Quavitae asinan o convenio de realización de prácticas do alumnado do máster en Xerontoloxía

O alumnado do máster en Xerontoloxía da USC terá a oportunidade de realizar as súas prácticas en máis de 50 centros especializados repartidos por toda España grazas ao convenio de colaboración que este martes 10 asinarán, ás 11.00 horas no Salón Reitoral de San Xerome, o reitor Juan Casares, e o director da Fundación Sar/Quavitae, Javier Jiménez Calavia. Coas prácticas o alumnado terá un contacto directo coa asistencia ás persoas maiores en distintos niveis asistenciais e aprenderá importantes cuestións sobre a súa planificación e xestión.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.12.2013.