A USC e a Secretaría de Educación do Estado mexicano de Jalisco asinarán un acordo de cooperación educativa e cultural
O reitor da USC, Senén Barro, e o secretario de Educación do Estado mexicano de Jalisco, Miguel Ángel Martínez Espinosa, asinarán este venres, día 2 de outubro, un acordo de cooperación educativa e cultural entre ambas institucións. A sinatura celebrarase a partir das 11:00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome.
O acordo establecerá as bases de colaboración para o desenvolvemento de proxectos de investigación e actividades académicas e científicas conxuntas, o intercambio de docentes, investigadores e estudantes, e de publicacións e outros materiais de interese común.