Ir o contido principal

A USC e a Secretaría Xeral para o Deporte presentarán este mércores un informe sobre os hábitos de actividade física e deportiva da poboación galega

O reitor Juan Viaño; o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa; e o director da Unidade de Psicoloxía Deportiva, o profesor Constantino Arce, presentarán este mércores 9 en rolda de prensa as principais conclusións da enquisa sobre ‘Hábitos de actividade física e deportiva da poboación galega’. A presentación celebrarase a partir das 12.00 horas na Sala de Prensa do Colexio de San Xerome. En Galicia, o 70,75 % das persoas maiores de 18 anos realiza algún tipo de actividade física ou deportiva, un 15,65% máis respecto ao nivel rexistrado en 2007. A práctica da actividade física deixou de ser exclusiva das persoas máis novas ou das que viven en contornos urbanos. Estes son algunhas das conclusións que se desprenden do informe que presentarán este mércores e que toman como base a opinión de 1.200 persoas dun total de 31 concellos galegos consultadas a finais do pasado ano 2013.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.07.2014.