A USC e a Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia asinarán un convenio para a creación da Cátedra de Educación Médica USC-SEMG
O reitor da USC, Juan Casares, e o presidente da Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia (SEMG), Benjamín Abarca Buján, asinarán este mércores 12 un convenio para a creación da Cátedra de Educación Médica USC-SEMG. A sinatura celebrarase a partir das 11.00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome. A nova cátedra substituirá á creada en 2007 baixo a denominación de Cátedra SEMG de Medicina da Familia na USC. O seu cometido será a colaboración en procesos de formación dos diferentes niveis académicos, o desenvolvemento dun aula de simulación, a formación do profesorado en novas tecnoloxías educativas ou a colaboración no deseño e desenvolvemento dos períodos prácticos nos centros de saúde, entre outros cometidos.