A USC e a Universidade colombiana de Simón Bolívar colaborarán en proxectos de investigación no ámbito da xenética
Os reitores das Universidades de Santiago de Compostela e Simón Bolívar (Colombia), Senén Barro e José Consuegra, asinaron este martes en Madrid un acordo de cooperación, de cinco anos de vixencia prorrogables, para colaborar en proxectos de investigación no ámbito da xenética.
Os primeiros proxectos dirixiranse a tipificar mostras do Caribe colombiano (mestizas, indíxenas e afrodecensientes) empregando marcadores bialelicos uniparentais (ADN mitocondrial e Cromosoma Y). Para iso, a colaboración establécese entre o Posgrao de Mestría en Xenética con énfase en Diagnose Molecular, Bioinformática e Forense e o Grupo de Investigación en Xenética da Universidade colombiana e o Grupo de Xenética Forense do Instituto de Medicina Legal da USC.
O catedrático Ángel Carracedo Álvarez será o responsable do proxecto por parte da USC, que terá como interlocutor na Universidade colombiana á doutora Zulema Isabel Yáñez Torregroza.
Ademais, ambas as dúas institucións acordaron establecer as bases de cooperación para que o intercambio de persoal docente e investigador para docencia e execución de proxectos de investigación, pasantías e o desenvolvemento de publicacións conxuntas.