Ir o contido principal

A USC e a Universidade Federal de Viçosa asinan un acordo marco para a supervisión conxunta de teses de doutoramento

O reitor Juan Casares e a súa homóloga Fátima Ferreira nun momento da sinatura este luns no Colexio de San Xerome. Foto: Servimav-USC
O reitor Juan Casares e a súa homóloga Fátima Ferreira nun momento da sinatura este luns no Colexio de San Xerome. Foto: Servimav-USC

O reitor Juan Casares e a súa homóloga da Universidade Federal de Viçosa, Fátima Ferreira Soares, asinaron este luns en San Xerome un convenio marco para a supervisión conxunta de teses de doutoramento entre as dúas institucións de ensino superior. Na mesma xuntanza, asinouse tamén o primeiro dos convenio específicos do acordo marco, regulando a colaboración institucional bilateral que permitirá a realización en réxime de co tutela da tese da doutoranda Roseni Aparecida de Moura. O traballo levará por título ‘Novas perspectivas para o desenvolvemento rural: un estudo comparativo das Unidades de Conservación brasileiras e dos Montes Veciñais en Man Común galegos’. Esta tese adscríbese ao programa de doutoramento en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio na USC e ao programa de doutoramento en Extensión Rural da Universidade Federal de Viçosa. A supervisión do traballo académico corresponderá ao profesor José Ambrósio Ferreira Neto, por parte da Universidade brasileira, e ás docentes da USC María do Mar Pérez Fra e Ana Isabel García Arias.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.03.2014.