USC e Xunta inauguran este luns a mostra xacobea ‘Galicia, casa dos peregrinos’ no compostelán Colexio Fonseca
O reitor da USC, Juan Viaño, e a directora de Turismo Galicia, Nava Castro, inaugurarán o luns 2 de maio, ás 12.00 horas, no compostelán Colexio de Fonseca a mostra xacobea ‘Galicia, casa dos peregrinos’, que permanecerá aberta ao público ata finais de xuño.
Esta mostra, organizada por Turismo de Galicia en colaboración co Xacobeo e a USC co gallo da celebración en 2016 do Xubileo Extraordinario da Misericordia, está estruturada en 8 bloques ou áreas temáticas, a través das que se pretende resaltar de xeito diacrónico a recuperación e valorización do Camiño de Santiago e dos seus valores universais nos últimos 25 anos.