Ir o contido principal

USCAN3D reforza a aposta pola formación en liña con cursos de modelado e medición 3D de obxectos con software gratuíto

USCAN3D reforza a aposta pola formación en liña con cursos de modelado e medición 3D de obxectos con software gratuíto
USCAN3D reforza a aposta pola formación en liña con cursos de modelado e medición 3D de obxectos con software gratuíto
Os programas, incluídos na oferta de formación continúa do Centro de Posgrao da USC, están abertos a calquera persoa interesada. O prazo de matrícula remata o 9 de maio

O Grupo USCAN3D do Campus Terra da USC, especializado en documentación 3D e en docencia en liña de fotogrametría, mantén aberta ata o 9 de maio a matrícula nos cursos en liña sobre modelado e medición 3D ‘Arte 3D a partir de fotografías mediante software gratuíto’ e ‘Modelado 3D a partir de fotografías mediante software gratuíto’. Estas dúas propostas formativas, desenvolvidas co soporte técnico de D3Mobile dúas propostas formativas de marcada orientación práctica e organizadas co soporte técnico de D3Mobile están abertas á participación de calquera persoa interesada, xa que non se requiren coñecementos previos de fotogrametría para acadar os obxectivos fixados ao rematar cada un dos programas.

O curso ‘Arte 3D a partir de fotografías mediante software gratuíto’ pretende proporcionar ao alumnado a capacidade de obter modelos 3D virtuais de obxectos reais de alta calidade visual mediante técnicas de baixo custo. As prestacións que ofrecen os modelos 3D son múltiples, segundo subliñan os investigadores do grupo USCAN3D, xa que poden ser inxeridos en páxinas web/redes sociais e documentos tipo pdf, moi útiles para compartir con terceiros de cara á súa presentación, corrección, estudo, etc. Moitas revistas científico/técnicas aprecian e fomentan xa a inclusión de modelos 3D xunto a debuxos, fotografías e vídeos nas súas edicións electrónicas, relata Juan Ortiz. Este profesor da USC destacada asemade que os modelos 3D virtuais son os documentos que requiren as impresoras 3D para materializar os obxectos que son capaces de imprimir e cuxa impresión pode ser encargada xa a moi baixo custo en moitos impresores 3D locais. O modelo 3D virtual contén abundante información xeométrica a escala do obxecto e está dispoñible incluso unha vez que cambiara de forma, desaparecera, ou estea lonxe, explica Ortiz, ao tempo que destaca a súa utilidade para traballos de rexistro de obxectos cambiantes cuxa forma pode ser estudada a posteriori. O programa ‘Modelado 3D a partir de fotografías mediante software gratuíto’, pretende, obter a escala modelos 3D virtuais de alta calidade visual, a fin de que poidan empregarse para extraer coordenadas, distancias, áreas ou volumes dos obxectos reais modelados. Formación flexible e con equipos propios As persoas que formalicen a súa inscrición en calquera destes dous programas formativos poderán empregar a súa propia cámara de fotografía, que poderá ser a móbil ou tablet) e o seu PC, así como apss e software gratuítos que traballan na nube. Trátase de Cursos Oficiais de Formación Continua abertos a profesionais e estudantes de ESO, BAC e Universidade, recoñecidos con 2 e 3 créditos ECTS respectivamente. A matrícula debe formalizarse en liña ata o 9 de maio na web da USC, para o que cómpre cumprimentar o formulario dispoñible na web dos Cursos de Formación Continua 2015-16 do Centro de Posgrao da institución académica compostelá. Cada alumno poderá realizar o curso ao seu ritmo ata o 30 de xuño. Formación permanente de profesorado da Xunta de Galicia Os organizadores destes programas formativos xa teñen solicitado á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia o seu recoñecemento como actividades de formación permanente do profesorado (Orde de 14 de maio de 2013, DOG 96), que se verifican unha vez acabado o curso. Se non se cumprisen devanditos requisitos poderá ser solicitado individualmente o recoñecemento da actividade ao abeiro do artigo 33 da citada orde.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.04.2016.