Ir o contido principal

A utilidade social da estatística e da investigación en operacións, a debate nun congreso na Facultade de Matemáticas

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 21 de setembro

O Departamento de Estatística e Investigación Operativa da USC organiza o VIII Congreso de Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións co obxectivo de analizar, cun enfoque divulgativo, a utilidade social da estatística e da investigación de operacións. O prazo para enviar contribucións permanece aberto ata o 14 de setembro e para inscribirse ata o 21 do mesmo mes.
O encontro, que terá lugar os días 8 e 9 de novembro na Facultade de Matemáticas, servirá como foro para debater sobre cuestións específicas como os contrastes de uniformidade con datos direccionais, as novas aplicacións da optimización na estatística pública, a bioestatística ou as matemáticas do xenoma. O proxecto educativo do Instituto Galego de Estatística, a estatística na prensa e o azar como elemento narrativo do cinema actual son outros aspectos a tratar nestas xornadas.
Asemade, no transcurso deste congreso, a Facultade de Matemáticas acollerá dous cursos de informática sobre Linguaxe R e a realización de presentacións e escritos matemáticos usando LaTeX.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.09.2007.