Ir o contido principal

Verán astronómico na Cidade da Cultura da man do Observatorio da USC

Verán astronómico na Cidade da Cultura da man do Observatorio da USC
Verán astronómico na Cidade da Cultura da man do Observatorio da USC

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC organiza por cuarto ano consecutivo na Cidade da Cultura de Galicia un amplo programa estival de actividades de astronomía para todos os públicos. Ao longo de tres meses haberá sesións de observación nocturna nas que se poderán recoñecer constelacións a simple vista e mesmo observar, a través de telescopios, a Lúa, planetas, estrelas dobres, cúmulos estelares ou nebulosas. Unha destas xornadas, a do 12 de agosto, estará dedicada fundamentalmente á observación das estrelas fugaces Perseidas. O resto das sesións serán os días 12 de xullo; 2, 9, 16 e 30 de agosto; e 6 e 13 de setembro. A oferta inclúe tamén dous obradoiros, un sobre manexo e características dos telescopios –xa celebrado– e outro sobre bólidos e meteoritos a desenvolver o 6 de setembro, unha sesión de observación de manchas solares por proxección o 19 de xullo e un encontro sobre reloxos de Sol. As persoas interesadas deberán de apuntarse en cada actividade a través da páxina web da Cidade da Cultura de Galicia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.07.2013.