Ir o contido principal

O Verán CampUSC 2013 conta con prazas dispoñibles

O Verán CampUSC 2013 conta con prazas dispoñibles
O Verán CampUSC 2013 conta con prazas dispoñibles
Quedan prazas en todas as quendas, polo que continúa aberto o prazo de inscrición

O programa Verán CampUSC 2013 dispón de prazas dispoñibles logo da formalización das primeiras 255 inscricións nalgunha das cinco quendas dispostas entre xuño, xullo e setembro. As persoas interesadas poden elixir entre os períodos comprendido do 25 ao 28 de xuño; en xullo do 1 ao 12, do 15 ao 19 ou do 22 ao 31; e do 2 ao 6 de setembro. O programa Verán CampUSC 2013 está concibido como unha actividade deportiva, cultural, socioeducativa e de lecer, desenvolvida no período de verán de xeito que permita a pais e nais conciliar a vida laboral e familiar neste período. Os/as rapaces/zas participarán en obradoiros e xogos de tempo libre, deportes colectivos (baloncesto, balonmán, voleibol, ...), orientación, deportes de raqueta, piscina e actividades acuáticas, iniciación ao golf ou actividades musicais, entre outros.Tamén se farán diferentes visitas culturais, como a que se realizará ao Observatorio Astronómico Ramón María Aller.

Toda a información para a inscrición, está a disposición de quen estea interesado/a na web www.fundacionuscdeportiva.org ou chamando ao teléfono 881.975.399.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.05.2013.