Ir o contido principal

Verán CampUSC pechou a edición deste ano, con máis de 350 participantes

Verán CampUSC pechou a edición deste ano, con máis de 350 participantes
Verán CampUSC pechou a edición deste ano, con máis de 350 participantes

Logo de 37 xornadas celebradas ao longo meses de xuño, xullo e setembro, o programa Verán CampUSC pechou a súa edición de 2015 na que participaron máis de 350 rapaces e rapazas. Verán CampUSC ofreceu unha programación na que se mesturaron actividades deportivas, como piscina, deportes de raqueta e de combate, psicomotricidade, deportes colectivos, orientación, acrosport ou xogos populares, con outras de tempo libre e lecer (obradoiros con diferentes técnicas e materiais) e visitas culturais. Verán CampUSC é un programa de actividades estivais dirixido especificamente a rapaces e rapazas de 3 a 13 anos que organizou a Fundación USC Deportiva a solicitude da Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.09.2015.