Vertixe Sonora Ensemble ofrece este venres un concerto na Casa do Saber no ciclo 'MIHL-Sons XXI'
A formación Vertixe Sonora Ensemble ofrecerá este tarde, partir das 20.00 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, o concerto ‘Utopía sonora’, no marco do III Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHLSons XXI, promovido polo Concello de Lugo en colaboración coa USC e os conservatorios profesionais de música e danza de Lugo, entre outras entidades.
Vertixe Sonora Ensemble, unha formación integrada por solistas de música contemporánea de Galicia e Portugal (David Durán, piano; Pablo Coello, saxofóns; Rubén Barros, guitarra eléctrica; Vicent Grau e Diego Ventoso, percusións), artistas sonoros experimentais, artistas plásticos, do teatro e da danza, así como por intérpretes clásicos e músicos de jazz, ofrecerá este venres na Casa do Saber un repertorio con pezas de cinco compositores. O programa de ‘Utopía sonora’ destaca pola internacionalización no que afecta á orixe dos compositores das pezas escollidas para este concerto, durante o que se interpretarán creacións sonoras de Rui Penha, Fran MM cabeza de Vaca, Mattew Burtner, José María Sánchez-Verdú e Malin Bang.