Ir o contido principal

Veterinaria acolle este martes a entrega de premios e a apertura da mostra do XIX Maratón Fotográfico do Campus de Lugo

A sala ‘Isaac Díaz Pardo’ da Facultade de Veterinaria do campus de Lugo, acollerá este martes, día 3 de decembro, a partir das 12.00 horas, a cerimonia de entrega de premios do XIX Maratón Fotográfico do Campus de Lugo, un acto no que logo de facer público o ditame do xurado encargado de fallar este certame, tamén se procederá á apertura da exposición do XIX Maratón Fotográfico do campus e á presentación do catálogo dixital.

O vicerreitor de Coordinación e Planificación do campus de Lugo, Pedro García Herradón, presidirá a entrega de premios e a apertura da mostra no transcurso dun acto, organizado ao abeiro do convenio Lugo Cultural e aberto á participación de todo o público interesado. A concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, Carmen Basadre, e o deputado provincial delegado da área de Cultura e Turismo, Mario Outeiro, tamén intervirán neste acto, ao que tamén asistirán o veterano fotógrafo lugués Carlos Valcárcel e Eduardo Ochoa, en representación do Grupo Fonmiñá.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.12.2013.