Ir o contido principal

Veterinaria acolle unha xornada sobre o uso de tecnoloxía na docencia universitaria

O uso das novas tecnoloxías na docencia universitaria é o tema central dunha xornada que se celebra este martes 1 na Sala de Xuntas da Facultade de Veterinaria de Lugo organizada pola Vicerreitoría de Oferta Docente e Espacio Europeo de Educación Superior.
A xornada, que dará comezo ás 16:00 horas, centrase no uso da pizarra dixital e o tablet PC no pupitre e na tarima. Así mesmo, falarán das vantaxes da votación electrónica como ferramenta docente.
Esta xornada foi organizada polo do Centro de Tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA) e está dirixida a todos os docentes do Campus. Os relatorios estarán a cargo dos especialistas da empresa Pronor Ingenieros.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.06.2008.