Ir o contido principal

Veterinaria, na clausura do Programa Galego Municipios Saudables e Sostibles 2000-2025

Paisaxe galega. Foto: Gabriel González
Paisaxe galega. Foto: Gabriel González
A profesora Julia Melgar intervén nunha mesa redonda

A catedrática de Toxicoloxía da Facultade de Veterinaria da USC, Julia Melgar Riol, participa o xoves 30 na clausura do Programa Galego Municipios Saudables e Sostibles 2000-2025, que cumple 25 anos e no que colaborou nestes anos como representante académica.

Co lema ‘A gobernanza ambiental nos concellos galegos cara á sostibilidade de Galicia e á saúde planetaria’, Julia Melgar participará ese día na Cidade da Cultura nunha mesa redonda sobre ciencia, empresa e sociedade xunto co catedrático da UDC Francisco Javier Sanz; o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Juan Manuel Vieites; o ex director de Obra Social Caixa Galicia, Manuel Aguilar; o presidente da Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía, Estanislao Fernández; e Roberto Ledo en representación da Asociación de Periodistas de Galicia. 
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.10.2025.