Ir o contido principal

A VI edición de 'Inside the Lab', a gran xornada de demostración tecnolóxica do CiTIUS, desenvolverase en liña

Once demostradores tecnolóxicos e tres spin-offs integran a oferta deste ano
Once demostradores tecnolóxicos e tres spin-offs integran a oferta deste ano
O encontro que terá lugar o vindeiro 27 de novembro está concibido para xerar valor na industria e na administración a partir de resultados científicos de alto impacto
Santiago de Compostela

O Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS) reforzará a súa estreita relación con empresas e administracións o vindeiro 27 de novembro coa VI Xornada de Demostración Tecnolóxica ‘Inside the lab’, que este ano desenvolverase en liña por mor da crise sanitaria da COVID-19. O evento repite como encontro de referencia perante os distintos axentes do tecido socioeconómico, co propósito de amosar aos representantes de organizacións públicas e privadas as oportunidades que presentan os resultados de investigación máis recentes do centro.

Ao longo desta xornada, dirixida principalmente a empresas e outras organizacións, atoparase unha selección de tecnoloxías en avanzado estado de desenvolvemento, listas para ser transferidas á industria e á sociedade. O evento virtual realizarase a través de salas de videoconferencia e require inscrición previa a través desta ligazón. Once demostradores tecnolóxicos e tres spin-offs integran a oferta deste ano.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.11.2020.