A ex viceministra da Muller de Bolivia imparte unha conferencia na Facultade de Psicoloxía

A directora do Centro Juana Azurduy e que foi viceministra da Muller do Goberno de Bolivia, Martha Noya Laguna, ofrece este mércores 6 na USC unha conferencia sobre as políticas sociais en chave de dereitos das mulleres. O relatorio, organizado polo grupo Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA-interea) da USC, terá lugar ás 12.30 horas na Facultade de Psicoloxía.
A conferenciante, xurista de formación, leva toda a súa vida traballando no ámbito da defensa dos dereitos das mulleres, cometido do Centro que dirixe en Bolivia e que propugna un cambio nas relacións sociais para eliminar as xerarquías e desigualdades baseadas nas asimetrías e opresión sexual e cultural en detrimento das mulleres.