Ir o contido principal

Vicente Aranda e Javier Balaguer analizarán nun curso de verán da USC en Padrón o cine social dende unha perspectiva de xénero

Vicente Aranda e Javier Balaguer analizarán nun curso de verán da USC en Padrón o cine social dende unha perspectiva de xénero
Vicente Aranda e Javier Balaguer analizarán nun curso de verán da USC en Padrón o cine social dende unha perspectiva de xénero

Do 6 ao 8 de setembro o Auditorio do Concello de Padrón acolle un curso de verán sobre o cine social dende unha perspectiva de xénero. Entre as persoas participantes figuran os directores de cine Vicente Aranda, Javier Balager e Sandra Sánchez e a produtora executiva de Vaca Films gañadora dun Goya por ‘Celda 211’, Emma Lustres. O curso está co dirixido por Manuela Cabero Cabero e o profesor der Socioloxía da USC Jorge García Marín. O curso inaugurarase este xoves ás 9.30 horas nun acto ao que asisten a vicerreitora de Responsabilidade Social da USC, Benita Silva; o alcalde de Padrón, Antonio Fernández; a secretaria xeral de Igualdade de Xunta de Galicia, Susana López; e o profesor Jorge García. A continuación será o catedrático de Historia do Cine da USC, Ángel Luis Hueso, o encargado de pronunciar a conferencia de apertura titulada ‘Historia e perspectiva de xénero no cine’, á que lle seguirá unha sesión que analizará a cuestión dende o ámbito da educación secundaria. A xornada da tarde comezará ás 17.00 horas coa intervención do director de cine Vicente Aranda que analizará os aspectos sociais da súa propia filmografía. Resto do programa O tratamento da prostitución na industria cinematográfica ou o cine social no ámbito da educación universitaria son as cuestións a tratar o venres 7 no curso, no que Javier Balaguer analizará ás 17.00 horas a súa longametraxe ‘Solo mía’. O mesmo fará o sábado ás 10.00 horas a directora galega de cine Sandra Sánchez Cachaza co seu documental ‘Tralas luces’. O curso contempla ademais o sábado 8 ás 12.00 horas un debate acerca do cinema social no ámbito das produtoras no que participarán Emma Lustres, de Vaca Films; Fernanda del Nido, de Tic Tac Producciones; Ramón Varela Salgado, de Pórtico Audiovisuales; Paula Fernández González, da produtora Voz Audiovisual; e Luís Pérez Fernández, de Telecable Compostela do Grupo Correo Gallego. As sesións rematarán cunha mesa de discusión sobre a importancia das mulleres no cine galego, con especial atención á visión de Chano Piñeiro, no que participarán a viúva do realizador galego, o escritor e crítico Miguel Anxo Fernández, o actor Xoque Carbajal e o escritor e biógrafo de Chano Piñeiro, Francisco Rozados Rivas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.09.2012.