Ir o contido principal

O vicerreitor José Manuel Mayán e o director xeral Rubén Cela establecen as bases da colaboración en materia de voluntariado

O vicerreitor de Comunidade Universitaria e Compromiso Social da USC, José Manuel Mayán, e o director xeral de Xuventude e Solidariedade, Rubén Cela, reuniranse este martes 22, a partir das 12:00 horas na Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega.
Na xuntanza tratarán de establecer os termos de colaboración entre a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e a Universidade de Santiago, a través da Oficina do Voluntariado, en actividades relacionadas coa formación, difusión e promoción do voluntariado no ámbito universitario.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.04.2008.