O vicerreitor de Relacións Institucionais reuniuse cunha delegación da Universidade de Porto para analizar posibles liñas de cooperación na área de ciencias da saúde

O vicerreitor de Relacións Institucionais da USC, Lourenzo Fernández Prieto, celebrou este mércores 28 unha xuntanza cunha delegación de representantes da Universidade Porto, entre os que se atopaban o vicerreitor da universidade portuguesa, António Marques; o director do Instituto de Ciencias Biomédicas Abel Salazar, António Sousa Pereira; e o profesor da Facultade de Ciencias Fernando Noronha.
No encontro, no que tamén estiveron presentes o decano da Facultade de Medicina da USC, José María Fraga Bermúdez, e responsables de Departamento deste centro, analizáronse posibles liñas de cooperación entre ambas as dúas institucións na área da saúde, avaliáronse outras posibilidades de cooperación científica e académica e o intercambio de profesores e estudantes entre as dúas universidades.