Ir o contido principal

A Vicerreitora de Calidade asistiu na Coruña a unha xuntanza do grupo de universidades socias do Club Excelencia en Gestión

A vicerreitora de Calidade e Planificación, María Dolores Álvarez Pérez, asistiu este venres 25 á xuntanza que o grupo de universidades socias do Club Excelencia en Xestión (CEG) celebrou na Universidade da Coruña. O Club é unha organización sen ánimo de lucro integrada por empresas e organizacións de todos os tamaños e sectores de actividades que pretende ser punto de referencia e lugar de encontro para as organizacións que aspiran á excelencia.
O programa da xuntanza comezou cunha explicación sobre o procedemento e elección de representantes de universidades nos Foros de Intercambio do Club Excelencia ao que lle seguiu unha presentación dos proxectos que para o presente ano desenvolve o Foro Universidades CEG. A xuntanza completouse coa presentación deste foro no web do Club e cunha análise do enfoque EFQM (Fundación Europea para la Gestión de Calidad) por parte dunha institución galega non universitaria.
A misión do CEG é acelerar a transformación das organizacións para que compitan e se desenvolvan nunha economía global, identificando novas vías, intercambiando prácticas e inducindo modelos de xestión que fortalezan a innovación, a excelencia e o liderado emprendedor.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.04.2008.