Ir o contido principal

A vicerreitora de Economía participa en Valencias nas Xornadas sobre implantación da Contabilidade Analítica nas Universidades Españolas

A vicerreitora de Economía e Financiamento, Sara Cantorna, participa este venres, día 4, en Valencia nunhas Xornadas sobre implantación da Contabilidade Analítica nas Universidades Españolas, nas que se debaterán diferentes experiencias prácticas na aplicación desta técnica contable na que a USC traballa dende 2011. A vicerreitora compostelá asiste acompañada da responsable do Servizo de Control Interno, Elsa Mosquera Barcia, e do técnico de apoio á Xerencia Miguel Anxo López Quián.

A Universidade de Santiago traballou nos últimos anos con este modelo de custes no marco da Contabilidade Analítica para Universidades (Modelo C.A.N.O.A) que impulsa o Ministerio e conforme ao que a USC presentará, no vindeiro mes de maio, as súas contas correspondentes a 2013.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.04.2014.