A vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade e o de Estudantes visitaron Verán CampUSC 2012
A vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade, Benita Silva, e o de Estudantes e vicepresidente da Fundación USC Deportiva, Francisco Durán, visitaron aos participantes da cuarta quenda de Verán CampUSC 2012. Os vicerreitores acompañaron aos participantes desta quenda, que se estende ata este martes 31, asistindo ademais ao desenvolvemento dalgunhas das actividades programadas. Na visita, estiveron acompañados pola secretaria do Padroado da Fundación USC Deportiva, Esther Martínez.
Ambas vicerreitorías colaboran na organización de Verán CampUSC dende o inicio deste programa que se está a celebrar por cuarto ano consecutivo e cun grande éxito de participación, superando xa, neste momento, as cifras de usuarios acadadas na edición de 2011. Verán CampUSC retomará as súas actividades en setembro, tras a paréntese de agosto, para dar cabo a súa quinta quenda entre o 3 e 11 de setembro.