A Vicerreitoría de Calidade e Planificación da USC reúnese en Valencia con outras Universidades para elaborar unha guía sobre os títulos de grao
Un grupo de universidades españolas está elaborando unha guía de procedementos de cara á implantación dos títulos de grao coa finalidade de establecer a sistemática a aplicar e a revisión da política e os obxectivos de calidade destes novos títulos.
As institucións responsables da súa confección están hoxe luns reunidas na Universidade de Valencia nunha xuntanza á que tamén asiste a USC como coordinadora dos procedementos para a Análise e medición dos resultados. Participan ademais as universidades de Valencia, Politécnica de Cataluña, Coruña, Cádiz, Murcia, Oviedo e Vigo.