Ir o contido principal

A Vicerreitoría de Cultura e a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais homenaxean ao pintor Tomé

No acto poderá contemplarse un mural restaurado do artista, emprazado nunha aula que levará o nome do artista

A Vicerreitoría de Cultura e a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais homenaxearán este venres, día 5, ao pintor X. M. Tomé, nun acto no que se poderá contemplar o mural recentemente restaurado do artista na Aula B que levará o seu nome.
O acto, que se desenvolverá no propio centro a partir das 13:15 horas, contará coa asistencia do vicerreitor de Cultura, Elías Torres, membros do equipo decanal da Facultade, familiares do pintor así como representantes do Concello de Santiago, Caixanova e o Museo do Pobo Galego, entidades patrocinadoras da exposición antolóxica de Tomé que se pode visitar no Colexio de Fonseca ata este domingo.
O mural que acaba de ser restaurado e que xa formaba parte da galería artística do centro está elaborado con técnica mixta e presenta unhas grandes dimensións, 3 metros de alto e 12 de longo. Realizado por Tomé na década dos 80, nel decántase por formas que tenden entre a abstracción e a formas figurativas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.10.2007.