Ir o contido principal

O vigués Juan Ignacio Martínez ofrece este venres 9 de maio o concerto ‘O piano e a infancia’ na Casa do Saber de Lugo

Juan Ignacio Martínez, nunha actuación
Juan Ignacio Martínez, nunha actuación
A actuación, que se enmarca no II Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHLSons-XXI, comezará ás 20.00 horas. A entrada é libre de balde ata completar o aforo

O pianista vigués Juan Ignacio Martínez Pardo ofrecerá este venres, a partir das 20.00 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, o concerto ‘O piano e a infancia’, durante o que interpretará un programa que inclúe composicións de Claude Debussy, Béla Bartók, Sofiya Gubaidulina e Helmut Lchenmann.

Juan Ignacio Martínez estará acompañado neste concerto, que forma parte da programación musical deseñada no marco do II Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHLSons-XXI, polo fotógrafo Xacobe Meléndrez, quen se ocupará da proxección de secuencias de imaxes. Juan Ignacio Martínez, que na actualidade é profesor de piano no Conservatorio Profesional de Música de Lugo, comezou a súa formación musical no conservatorio vigués, onde obtivo o título de profesor superior de piano con Chang-Rok Moon e So Young Moon. Logo de rematar os estudos de profesor superior de piano, Juan Ignacio Martínez ampliou a súa formación da man de moi distintos mestres e tamén formou parte do Trío Amati de Lugo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.05.2014.