Ir o contido principal

O VIII Coloquio Internacional sobre Xeometría Diferencial desenvólvese a vindeira semana en Matemáticas

O Departamento de Xeometría e Topoloxía da Universidade de Santiago celebra a vindeira semana en Santiago, entre os días 7 e 11 de xullo, o VIII Coloquio Internacional sobre Xeometría Diferencial.
Esta nova edición do evento, que se inaugurará ás 10:15 horas na Facultade de matemáticas, pretende conmemorar o centenario do nacemento do profesor Enrique Vidal Abascal (1908-1994), cuxas achegas foron fundamentais no cambio experimentado na investigación matemática en España n asegunda metade do século XX.
O coloquio ofrece aos participantes a oportunidade de presentar os seus últimos traballo se de asistir a conferencias plenarias ofrecidas por prestixiosos matemáticos procedentes de Canadá, Irlanda, Brasil, Francia, Estados Unidos, Xapón e México.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.07.2008.