Ir o contido principal

O VIII Congreso da Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións celébrase na USC

O encontro inaugurouse na Facultade de Matemáticas coa presenza do seu decano Juan Viaño (segundo pola esquerda)
O encontro inaugurouse na Facultade de Matemáticas coa presenza do seu decano Juan Viaño (segundo pola esquerda)

O Departamento de Estatística e Investigación Operativa da USC organiza o VIII Congreso da Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO). Dáse continuidade deste xeito á iniciativa de facilitar un foro onde se poidan atopar os profesionais, docentes, investigadores e estudantes interesados nesta área de coñecemento.
Esta sétima edición do congreso, que se celebra ata o día 10 na Facultade de Matemáticas, xerme da Estatística e da Investigación de Operacións en Galicia, inaugurouse este xoves nun acto presidido polo decano do centro, Juan Viaño, e no que interviu o profesor da Universidade Autónoma de Madrid, Antonio Cuevas, coa conferencia ‘Contrastes de uniformidade con datos direccionais’.
O programa inclúe conferencias convidadas onde se tratan temas actuais, cun enfoque divulgativo, que serven para evidenciar a utilidade social da Estatística e da Investigación de Operacións. Facilítase a presentación de contribucións orais ou en forma de póster e engádense dous cursos sobre ferramentas informáticas de moita utilidade nesta área.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.11.2007.